quinta-feira, 31 de maio de 2012

Rostro de muller

Vivo no rostro dunha muller
que habita nunha onda
á que a marea empurra cara a unha praia
cuxo porto pérdese nas súas cunchas.
Vivo no rostro dunha muller
que me fai morrer, que quere ser
faro apagado
no meu sangue que navega
aos confíns do delirio.

ADONIS (Siria)
Traducido por Rosa Martínez 

Sem comentários:

Enviar um comentário