domingo, 1 de abril de 2012

Sábado 14 no Negra Sombra


Nesta ocasión o Círculo contará coa proxección dun filme amenizado con música ao vivo por José Peixoto e Tiago Pereira. No recital, Alexandre Insua e Manuel Martíns recitarán versos da poeta austriaca Else Lasker-Schüler nun duo a dúas voces en galego-alemán. E camiñaremos por terras zapatistas e zapotecas con textos de Manolo Pipas recitados por el mesmo e música e canto de Servando Barreiro. Tamén estarán: Fernanda Garcias, Alice Macedo, Iolanda Aldrei, Jaime Moreda, Dara Escribano, Simón Cabo, Cruz Martínez, rosanegra... A noite promete ser sorprendente... Neste teu e noso espazo galego. 










Sem comentários:

Enviar um comentário