sexta-feira, 10 de junho de 2011

Presentación libro recompilatorio CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO

Libro recompilatorio I, II  E III Edición (2007-2009)
Xurxo Xosé Rodríguez e Mario Otero Iglesias.  9 de xuño, ás 21 horas.




















II
Pendúrase nos extremos
Sabe que non hai tempo, mais
xorde temerario
Busca o equilibrio dos arácnidos
na ingrávida superficie de alienados
autómatas
Eses que formulan realidades ao pé
dun tallo retorto
e cando lle penetra o solpor na face
distraída
gabéanlle polos ombreiros
as teorías obsesas dos vagalumes
malia todo, o son dun clavicordio
prolixo, lesiona a extrema levidade das
caracochas



Cruz Martínez Vilas

Este poema pentence ao poemario “Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante” Segundo premio no I EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO- 2007  (O CORGO- LUGO)

Sem comentários:

Enviar um comentário