terça-feira, 12 de outubro de 2010

salvapatrias.


todo o día ocupados, manexando
sen arranxar nada que se saiba
pendentes dun fío
aprender a nadar na propia falsidade
esa mascariña obxectiva
do salvapatrias científico
cun marxe de error minúsculo
e entendemento perfecto
traizoados polos músculos
becarios cerebrais e eternos
que importa esta pifia
vivir na inopia
cando se trata de con uñas e dentes
defender a vosa sagrada obra
mentir polo ben alleo
converter á vítima en agresor
sabedes todo
dende o que pensamos
ata o que comemos
estes novos profetas
armados dun libriño en cada man
tratando de topar aínda
o estado utópico
entre a súa urticaria estalinista
pobres salvapatrias
dades por feito
que a vosa existencia
remontase ao inicio dos tempos
que seria do pais sen tales próceres
da lingua, do universo
e da eficacia dos antibióticos
salvapatrias
exentos de escrúpulos
estades empeñados en crer
que só sabedes vos o que quere o pobo
seguide ignorantes
a levarlle brotes de acacia negra
aos vosos ilustres defuntos
coa vosa cabeza chea de loureiros
pois a liberdade é pouca cousa para vos
así se van as cidades e os seres
ditosos confidentes
sodes peor que os porcos
non se vos aproveita a carne
non se vos aproveita o abono
nin para facer lume vale a vosa dialéctica
salvapatrias patéticos
non axudades nin a pasar
o mais debil dos invernos.

Enrique Leirachá.

2 comentários:

  1. Botar en falta a cegueira
    botar a man na guerra
    botar o demo da aprehensión
    botar os bofes coa ilusión
    botar a chave a razón
    botar a conta da culpa
    botar a lingua ao orballo
    (que iluso carallo!)
    botar auga ao aceite
    botar un galgo
    botar un trago
    botar chispas coma un TALGO
    non pode ser bo, non, digocho eu.

    que diso non sei nada, de nada... Xa non facemos nada.

    Asdo: Efemérides Todo

    P.D. Boto benzóns por ti, meu rei. Xa non facemos nada.Stop.Arriba.Stop.Açucar.Stop.Non te me botes ao mar, me sintes ben?Stop.

    ResponderEliminar
  2. Outra preguntiña, así sen querer fastidiar. Qué diferenci hai entre o poema de seu arriba "colgado" e un texto epistolar prosaico, isto é, en prosa (con todas as súas connotacións, por suposto)?

    Esta pregunta foi patrocinada polo ego da voz lírica do bardo da bancada de tribuna sur.

    E xa non facemos nada.

    ASDO: Efemérides Todo

    ResponderEliminar