quarta-feira, 30 de junho de 2010

Círculo Poético Aberto

De esquerda a dereita: Belém Grandal, Manolo Pipas, Simón, Dara Escribano, Enrique Leirachá, Cruz Martínez, rosanegra, Dania D'Alfonso e Vladimir.


video

Videocreación titulada "SOMOS" do "Penúltimo Acto".

domingo, 27 de junho de 2010

Círculo Poético Aberto

Na foto, de esquerda a dereita: Belém Grandal, Manolo Pipas, Simón, Dara Escribano, Enrique Leirachá, Cruz Martínez, Dania D'Afonso, rosanegra e Vladimir.



video

Deixamos aquí o noso vídeo "Sen nós".

Estamos preparando vídeos do acto de onte. Estade atentos que irán aparecendo ao longo destes días.

Moitas grazas amigos por estar aí e acompañarnos neste novo Círculo. Sen vós isto non sería posíbel.

quinta-feira, 24 de junho de 2010

Queda connosco este sábado!!!

Xa podes inscribirte para participar connosco nunha noite máxica. Só tes que envíar ao noso e-mail: penultimoacto@gmail.com o teu nome e a modalidade coa que colaboras ( poesía, música, vídeopoema, fotografía...). {Este mes por mor dos axustes de horario co local debido a que hai un concerto máis tarde, imos empezar o acto ás 20h.}

terça-feira, 22 de junho de 2010

alxía.


deixei á “pater” para amala terra
doente dunha enfermidade incurable
padecer como un soldado grego
a dor por estar lonxe
e aquí entre mortos preso
polo cheiro que lembro
ferver na eira da miña casa
á mañanciña
todo o aire que respirei
preñado da terra onde nacín
deixada a forza
por querer ser cidadán
e non súbdito
para vivir coma un nostálxico
fora do espírito, sen anima
na lexania
e padecer coma un criado
para morrer como un amo
neste campo de batalla
sostendo tódalas estacións
¡non basta dicilo!
non hai inocentes fames
nin lume que non arda
irémonos todos, todos
deixada esta mentira
ata que non quede naide
nesta “idea” que morreu antes de nacer
non hai soños errados
dende fora todo vese nidio
non hai palabras ambiguas
nin liberdades gratuítas
non morre quen nace morto
morre quen converte en desinterese
as inxustizas pasadas
ide e predicade esta inxustiza
fora da patria
e decide sen rubor
que non hai destino común
nin pasado histórico
que aínda non se enfrontaron
os obreiros e os patróns
e que queda moito para deixar de ser da manada
para volver para sempre á terra.


Enrique Leirachá.

quarta-feira, 16 de junho de 2010

as mermejitas e as flores

o domingo pola tarde
actuaron as compas mermejitas
na abandonada estacion de tren
teatro malabares i acrobacias
para pequenas e grandes

mermejita é o nome da praia
onde se coñeceron por acá
persoas do sur do contimente
unha corda suspendida nunha barra
e os vagons son un fermoso decorado
cos eucaliptos e as nubes porriba
e a ritmo de tango subiu pola corda
a mermejita como danzando....

logo da actuacion coñecín a azucena
a güerita viña con trenza postiza
a nena mexica irlandesa vaille dar ovo
ao seu pajarito de papel
e tania penso que traia no morral
ao seu animalito pero ainda
ainda non sabe ou non me di que é

violeta organizou lindo
a presentacion do libro da milpa
no patio da jicara baixo as estrelas
e melisa preparou a flor de jamaica
chegou unha das amappolas
e botei de menos as outras soneras
e a outras chidas amigas
pero guadarrama botou unha decima

rosalia puso as voces oaxaqueñas
nos versos coas palabras
das comunidades e o movimento
cun fermoso decorado de jazmin
logo debo subir á serra zapoteca
e levarlle o libro a jazmin e brenda
e recitamos os seus versos
os das nenas dalia i esmeralda
e as otras flores contracorrente
os poemas das chamulitas dos altos
e das que camiñan por esta oaxaca
e ti por onde camiñas neste tempo
compañeira flor rosiña esperanza

manolo pipas oaxaca 2010

sábado, 12 de junho de 2010

Chove, é un día marrón



percíbese una estraña melancolía
no ar
A mañá semella una sinfonía inacabada
balada de outono
interpretada na quietude dun solpor
aparente
Pingas frías baten nas fiestras e xacen nos vidros
nunha perfecta interpretación dramática
O silencio acada temidas sombras
tépedas
e traspasa extensións grises coma nave illada
no inmenso océano
Os ocos das feridas atravesan longas avenidas
dunha cidade que se move ás présas
Os ollos formulan preguntas escuras
as respostas son estatuas mudas
nas prazas dunha evidente noite pecha
Pombas inmersas no seu holocausto
son asasinadas por un decreto, seica
necesario
Chove, é un día marrón
Se soubese, faría cos elementos precisos
un blues, adecuado aos gatos que moran
nas inmediacións do inferno

Cruz Martínez

sexta-feira, 11 de junho de 2010

Filisteo

- O sol bateuche, o tempo sangrouche
Bebeu das feridas abertas no albor esquecido
Da fábula atemporal e quen produce isto, non viviu para contalo:

- Eu procurei a vida nunha implosión de fronteiras
E imos ás mulas, porque non queremos escapar, mais
so a terra ficar cos ritos, sobre a terra os topar.

- Con lamberes as feridas forzas non crearás
Mesmo as facultades vas derrotar, e dá tempo
Só has de derramar máis auga, e no deserto...

- ....non sobra, xa sei, continuo a pensar, que non todos
Son fanfurriñeiros, algún será monifate, e outros
Quen sabe se o fío llo apuntaron sen ver?

- E esa maioría absolvida, ignorante e poderosa resta...
E a esta minoría absoluta berra en silencio...
Outra vez será...

Manuel Piñeiro

quinta-feira, 3 de junho de 2010

Nun compás 4 / 4


estouran refachos de luz
partículas elementais
que chocan e sintetizan fórmulas
verdadeiras, xoias tocadas pola
sabedoría do maxín,
as coordenadas térmanse
entre as integrais e as derivadas
e pillan a pomba bulideira
ou o bufo agochado na noite
que foi liberado por Platón


rosanegra