terça-feira, 18 de maio de 2010

malditosilencio.


o son cadente deixado ir nun sopro de aire repousado nas axilas ao estendelo coxis alzalos dedos cara o ceo e deixalos caer na terra como cravos en silencio.
salgados corpos desfanse
na auga doce das duchas domesticas
para irse entre o vapor pola venta
e ser absorbidos polos raios de sol
nun atardecer de setembro
un pouco antes de San Quintin.
as almas desfilan a un palmo da túa nariz tódalas noites mentres durmes
son incapaces de facer ruído non vaia a ser que rompan o teu silencio.
amar en silencio para aniquilala vergoña
de sufrir en silencio e padecer en soidade.
Enrique Leirachá.



3 comentários:

  1. Se o poema é chulo a foto non sei onde as topas. Que forte Meu agora xa sei onde toparte. Parabéns.

    ResponderEliminar
  2. É a primeira vez que vos visito dende o teu e esta moi completo e interesante o poema xa o coñecía do teu agora doutro xeito pero sigue ben. PARABENS PARA O VOSO BLOG.

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén veño aquí dende o teu e que che vou dicir...........pois máis do mesmo. ¡Que calor!.Aperta.

    ResponderEliminar