domingo, 30 de maio de 2010

Imaxes e vídeo do Círculo Poético Aberto

De esquerda a dereita: Alfonso Rodríguez, Enrique Leirachá, rosanegra, Maica Álvarez, Belém Grandal, Servando Barreiro, Concha Rousía, Gonzalo, José Peixoto, Tiago Pereira, Cruz Martínez, Manuel Piñeiro e João Rios.
Fotos: Begoña Miguélez




video















Silêncio da gaveta e Contradança, actuando xuntos na clausura deste primeiro acto.

quarta-feira, 26 de maio de 2010

Déixate levar pola influencia da LÚA...

Este sábado agardamos a túa participación no escenario de "Negra Sombra".
Achégate, comparte connosco a túa creatividade!

domingo, 23 de maio de 2010

Poema onírico

video

Agora que o penso, aquel era un cuarto
iluminado pola lúa minguante
Non chega o sol para acender as bombillas
do teito
que estoupan en sucesivas imaxes, secuencias sen sentido
na noite
“O pequeno valse vienés” resoa nunha onírica voz
imitando a Leonard Cohen
nun perfecto inglés
Ay, ay, ay, ay
Take this waltz take this waltz
Nas súas notas. Polas rúas escuras do silencio
recolle verbas
os últimos versos, un poeta insomne


Espidos paxaros aniñan no faiado dos soños
Abren fiestras, coma quen constrúe castelos no ar
e brincan
brincan

Empurran a vida para que esperte

Na cidade dos buratos chove, chove
Nesa sucesión de cráteres urbanos
crávanse pegadas no barro
na lama


Na noite, mente sen linde
dan voltas as faces dos pesadelos

Cruz Martínez

terça-feira, 18 de maio de 2010

malditosilencio.


o son cadente deixado ir nun sopro de aire repousado nas axilas ao estendelo coxis alzalos dedos cara o ceo e deixalos caer na terra como cravos en silencio.
salgados corpos desfanse
na auga doce das duchas domesticas
para irse entre o vapor pola venta
e ser absorbidos polos raios de sol
nun atardecer de setembro
un pouco antes de San Quintin.
as almas desfilan a un palmo da túa nariz tódalas noites mentres durmes
son incapaces de facer ruído non vaia a ser que rompan o teu silencio.
amar en silencio para aniquilala vergoña
de sufrir en silencio e padecer en soidade.
Enrique Leirachá.



sábado, 8 de maio de 2010

as cantigas viaxan polo val

isolagando a paisaxe e a paisanaxe
son oracións encontradas de beleza e amor
trasládanas paxaros de todas as cores
por entre o ceo e as árbores
ata que se entrecorta todo o paraíso
por cemento e devastamento
todo está partido
en multitude de diseccións
todo está perforado
todo está erguido, impactado
todo xira a centos de quilómetros
e as cantigas son engolidas
por ruidos e polucións
todo está separado
torretas e infamias
túneis e antenas
asfalto e carreteiras
trazados con impacto
brutal descomposición da beleza e o amor
as cantigas pérdense no ar
e os paxaros buscan escapatoria onde xa non hai.


Alfonso Rodríguez

domingo, 2 de maio de 2010

Recital na Esmorga (Ourense)

video

Sábado 1º de maio de 2010.

Actuaron: José Manuel Barbosa, Concha Rousía, Cruz Martínez, Artur Alonso, rosanegra, José Alberto Corral, Belém de Andrade, Enrique Leirachá, Celia, Belém Grandal e Servando Barreiro.