terça-feira, 30 de março de 2010

A palabra xurdiu da dislalia

A palabra xurdiu da dislalia
....................................Seino
O silencio deixou de ser
Botouse á rúa e ficou afastado do monótono
................................................ritmo da fregona
.........................................................Tiña que ser
Renacer é rachar os nimios diálogos dos contos
......................................................cos que nacemos
Arrincar inicuos veos ,subxacentes, asoballadores…
Mais, temos nas mans a capacidade de seguir

Sinto que xa non son a imaxe autómata
que merca nun hipermercado
Nin existe un imán que me encadee de por vida a unha tixola
O lúgubre cuarto de antonte iluminouse de súpeto
Abriuse a porta e o tempo sorriume
coma un solícito amante
O meu corpo é un dolmen que emerxe
Son a vítima liberada do lóculo
Aparezo no sketch
.........................Ipso facto
e observo que hai un principio
que toma forma a través de min, dende min…
en min

Cruz Martínez
Este poema acadou o segundo premio no III Certame de poesía " Mulleres do noso tempo" Marzo 2010 Concello de Cee.

Sem comentários:

Enviar um comentário