sexta-feira, 17 de dezembro de 2010

Recital poético

MAÑÁ SÁBADO, 18: Ás 23:00 H.

RECITAL DE POESÍA N‘O GOLEM CAFÉ. (Irmandiños, 2)

PENÚLTIMO ACTO PRESENTA O SEU ESPECTÁCULO:

IMPROVISACIÓNS DO VERSO

terça-feira, 14 de dezembro de 2010

Sempre que estás a viver, estás emigrado,

eu apresentava-me nua e formidável, suscitava o

percalço de cada um, o convite á emigração. Disso
Nachona imprimia os reflexos com as arrevesas da sua

linfa. Em circunstâncias de água em tromboada gritava
com a tela e os redores. Os funcionários de consultórios
propagavam o diagnóstico de histeria, em pobreza
científica, desconheciam a serotonina da emigração, o
diálogo da deusa com a criatura. Mesmo de noite, o

sonambulento passeio pelas divisões, em périplo de
alimento com o assomo biométrico da palavra-rem,

clarãoficava-se como fluidos de fala de ocupação
materna, dessa encenação aberta que é a maternidade, a replicação. E Nachona empenhava-se nos agudos
vocais tão surda se percebia á resposta das criaturas
em palco, emitindo múltiplos silêncios. Percebeu, no

sanatório crítico, a acuidade do livre- arbítrio. Um bom
tratamento para os autores.
Eu prefiro a minha formidável mudez.


alberto augusto miranda, LEMBRANDT.

segunda-feira, 6 de dezembro de 2010

Presentación do noso libro na Radio Piratona


Cruz Martínez, rosanegra e Enrique Leirachá. Presentando o libro "Acción Poética".







O sábado pasado, 4 de decembro, foi o día no que "Penúltimo Acto" falou do seu libro na Radio Piratona. Unha radio alternativa e libre. Un espazo creado tamén para a expresión poética.


Abilio da Radio Piratona.

Compartimos un serán radiofónico e poético co noso benquerido amigo Abilio. Grazas compañeiro e grazas Piratona!!!

quarta-feira, 1 de dezembro de 2010

Vídeo do Círculo Poético Aberto do mes de novembro

video
Grazas a João Rios (Silêncio da Gaveta) por enviarnos este poema para participar connosco dende a distancia.

Leonor ticota corações que são fósforos
ultrapassando os escassos humores da meteorologia
por isso a cada seu coração amanhecido
repicam-nos na face sinos de obediência às coisas belas
e nós desatados pelo pardal do espanto
diluimos a naufraguitude dos pesadelos
e embebidos de tão autêntico sol
esperamos por essas linhas de pé adiantado
que espreitam os dias do sopé das casas
como pássaros escrevendo no livro de fugas
a perfeição

segunda-feira, 29 de novembro de 2010

O sábado pasado no Café Uf " Círculo Poético Aberto"

Participantes no Círculo, de esquerda a dereita: Enrique Leirachá, Roi Ferreiro, rosanegra, Cruz Martínez, Iria Bragado e Fernando Rodríguez.

Nos próximos días aparecerá máis información do acto.
Moitas grazas a todos-as que decidiron acompañarnos.

quinta-feira, 25 de novembro de 2010

Entra no Cíiiirculo...!!!



Este sábado estaremos no café Uf "Negra Sombra". Ademais do colectivo (Enrique Leirachá, rosanegra e Cruz Martínez) confirmaron asistencia: Roi Ferreiro, Belém Grandal, Iria Bragado...

terça-feira, 23 de novembro de 2010

Presentación do libro "Acción Poética" + "Círculos Poéticos Abertos" Na Esmorga (Ourense)

O venres 19 de novembro estivemos na Esmorga, presentando o noso libro. Tamén celebramos os "Círculos Poéticos Abertos. Moitas grazas a todos os amigos que decidiron acompañarnos neste acto.
video

segunda-feira, 15 de novembro de 2010

Acción Poética presentouse o sábado no Café Uf


video
O acto finalizou cun faladoiro literario, que se prolongou ata a madrugada.
Contamos coa presenza de bos amigos. Aquí vos queda o vídeo.
Grazas!!!

quinta-feira, 11 de novembro de 2010

O próximo domingo estaremos en Compostela

“Círculos Poéticos Abertos na defensa da língua”


Ademais de Penúltimo Acto ( Enrique Leirachá, rosanegra, Cruz Martínez) e Wladimir Dragossán. Xa confirmaron asistencia a este acto: Pere Tobaruela, Iolanda Aldrei, Concha Rousía, Dara Escribano, Simón Cabo, Belém Grandal, Telmo Rodriguez, Xosé Uxío Diz Tilve...

Penúltimo Acto (grupo de acción poética) en Galicia Hoxe

segunda-feira, 8 de novembro de 2010

Este sábado día 13 Presentación de "Acción Poética"

Esta vez será no noso local de encontro Café Uf "Negra Sombra" o vindeiro 13 de Novembro ás 22:30 horas. Esa noite estará connosco Antonio Alonso Fontán que falará do noso libro. Ao rematar o acto haberá petiscos. Estades tod@s convidad@s.

quinta-feira, 4 de novembro de 2010

Vídeos do "Círculo Poético Aberto"

video

Despedida do recital por Penúltimo Acto e actuación de Fátima.
video

Aparecen no vídeo: Iolanda Aldrei, Ledicia Costas, Cruz Martínez, Enrique Leirachá e Roi Ferreiro.
video

Neste vídeo saen: Alfonso Rodríguez e Adriana Pérez, Pere Tobaruela acompañado de Ledicia Costas. Gaspar Domínguez, Belém Grandal e Iria Bragado.

Estade atentos, faltan máis vídeos.

domingo, 31 de outubro de 2010

As primeiras imaxes do Círculo

Na foto superior, de esquerda a dereita: Belém Grandal, Fátima, Iolanda Aldrei, Roi Ferreiro, Ledicia Costas, Gaspar Domínguez, Adriana Pérez, Alfonso Rodríguez, Enrique Leirachá, Cruz Martínez, Pere Tobaruela, rosanegra e Iria Bragado.



...Nós, Penúltimo Acto, gozamos cos cinco sentidos deste acto que é tan voso coma noso.
Estes Círculos son de todos e queremos que o lembredes, porque sen vós non terían ningún
sentido.

A lúa chamounos co seu canto querendo enmeigarnos e simulando que era
unha serea. Mais esta vez, non fixemos coma Ulises e deixámonos
enfeitizar polas candeas que simularon estrelas no firmamento.
Nesta lúa minguante que non mingüen as nosas ganas de traballar pola creación e
SIGAMOS XUNTÁNDONOS todos os meses, para vivir entre ideas,
desexos, sentimentos e palabras.

Estes Círculos Poéticos representan para Penúltimo acto un soño. Soñamos
que a lúa abre os seus brazos acolléndonos agarimosa para deixarnos
durmindo nun berce feito de vía láctea e das notas da nosa nación
branquiazul, por iso, nós soñamos en galego.
Grazas por abrir e pechar connosco... este Círculo Poético Aberto.

quarta-feira, 27 de outubro de 2010

Este sábado no café UF

Compartirán connosco este serán de música e poesía: Iolanda Aldrei (poesía) Pere Tobaruela (autor da novela " Na cerna da selva") Belém Grandal (poesía) Jose M. Garnelo (música, audiovisual) Gaspar Domínguez (poesía) Alfonso Rodríguez (poesía). Confirmaron a súa participación neste acto: Iolanda Aldrei (poesía) Pere Tobaruela (autor da novela " Na cerna da selva") Belém Grandal (poesía) Jose M. Garnelo (música, audiovisual) Gaspar Domínguez (poesía) Alfonso Rodríguez (poesía) Ledicia Costas (poesía)...

segunda-feira, 25 de outubro de 2010

A cor da auga

A túa cor é a cor da auga,

oh corpo da linguaxe,

alí onde a auga é

lévedo, raio ou lume.


A auga acéndese e convértese en raio, convértese

en lévedo e en lume,

en nenúfar

que pide a miña almofada

para durmir...

Oh río da linguaxe,

viaxe comigo dous días, dúas semanas

[polo lévedo dos secretos,

recolleremos mares, descubriremos madreperlas,

choveremos rubís e ébano,

aprenderemos que a maxia

é unha fada negra

que non se namora máis que do mar.

Viaxa comigo,aparece aquí...desaparece alí...

e pregunta comigo, oh río da linguaxe,

pola cuncha que morre para converterse

en nube vermella

de choiva,

en illa

que camiña e voa,

pregunta comigo, oh río da linguaxe,

por unha estrela cativa

nas redes da auga

que leva entre os seus peitos

os meus últimos días.

Pregunta comigo, oh río da linguaxe,

por unha pedra da que brota a auga,

por unha onda da que nace a rocha,

polo animal do almiscre, por unha pomba de luz.

Descende comigo pola lumieira das tebras

ao lugar

onde habita o tempo roto,

para que a linguaxe sexa

un poema que se viste co rostro do mar.


ADONIS (Siria)

Traducido ao galego por rosanegra

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

João Rios

o funâmbulo distende as suas asas em arcos de fogo
na linha que divide a estrada
num dos lados as chamas reflectem cáries e órbitas
deslumbradas
no outro a sua história prossegue e agudiza as flores
do sangue nos degraus das suas caras

domingo, 17 de outubro de 2010

Encontro Poético

Cruz Martínez e rosanegra no momento da súa participación.

Penúltimo Acto estivo onte no Café Moderno (Fundación Caixa Galicia en Pontevedra).
Fomos convidados polo editor e poeta Fernando Luís Pérez Poza para recitar no acto conmemorativo.


terça-feira, 12 de outubro de 2010

salvapatrias.


todo o día ocupados, manexando
sen arranxar nada que se saiba
pendentes dun fío
aprender a nadar na propia falsidade
esa mascariña obxectiva
do salvapatrias científico
cun marxe de error minúsculo
e entendemento perfecto
traizoados polos músculos
becarios cerebrais e eternos
que importa esta pifia
vivir na inopia
cando se trata de con uñas e dentes
defender a vosa sagrada obra
mentir polo ben alleo
converter á vítima en agresor
sabedes todo
dende o que pensamos
ata o que comemos
estes novos profetas
armados dun libriño en cada man
tratando de topar aínda
o estado utópico
entre a súa urticaria estalinista
pobres salvapatrias
dades por feito
que a vosa existencia
remontase ao inicio dos tempos
que seria do pais sen tales próceres
da lingua, do universo
e da eficacia dos antibióticos
salvapatrias
exentos de escrúpulos
estades empeñados en crer
que só sabedes vos o que quere o pobo
seguide ignorantes
a levarlle brotes de acacia negra
aos vosos ilustres defuntos
coa vosa cabeza chea de loureiros
pois a liberdade é pouca cousa para vos
así se van as cidades e os seres
ditosos confidentes
sodes peor que os porcos
non se vos aproveita a carne
non se vos aproveita o abono
nin para facer lume vale a vosa dialéctica
salvapatrias patéticos
non axudades nin a pasar
o mais debil dos invernos.

Enrique Leirachá.

sexta-feira, 8 de outubro de 2010

O PAN,

o alimento que nutre

a milleiros de persoas

no pasado

no presente

no futuro

O PAN, de cada día

O PAN,do traballador

a masa fermentada

o formato calorífico

o sustento corporal.

O PAN é eterno

atemporal

sinxelo e perfecto.

Eu, quero aquel pan

o pan da PANIFICADORA

o que ten historia

o que hai escrito nas pedras

que adormecen esquecidas

na gran cidade gris

e o edificio segue ulindo

a PAN,

e a tempos pasados.

Eu só quero, pan...

DÁDEME PAN!!!


rosanegra

quinta-feira, 30 de setembro de 2010

Se cadra, son pequena de máis

Semello unha parasita
alugada na parte externa dos folículos
do seu cabelo
apreixada fortemente e chuchando nel
coma unha carracha teimuda
que permanece inamovíbel
na prezada extensión que a alimenta
succiónoo, igual que o vexetal
absorbe a humidade que lle dá a vida
Enriba súa, síntome unha insaciábel
chuchona
que adoita pendurarse das súas partes
e aferrarse coma un arácnido parapléxico
incapacitado para saír do microclima
que descubriu no medio das nádegas quentes
Debruzada, permanezo enriba do seu peito
Abrango un mundo de sensacións
e celebro a danza espasmódica dos orgasmos
na lene superficie do meu hospedador
Se cadra, son pequena de máis
e parasito con total impunidade
no copyright
tatuado entre os seus cadrís
mergúllome cara o fondo
e acomódome coma gasterópodo
adherido aos rochedos do litoral
fumego coma chama acesa
e fico sen cabeza, coa certeza
de ser sexo aberto, á espera...
A lentura posúeme
trócame nunha lagoa
cando me tombo na auga salgada
do seu pube
Estouro como un foguete en día de festa
ao ritmo que marcan os seus dedos
na miña pelve
No aquelarre, son cascuda Sherezade
e entrégome obsesa bailando en coiro
a danza dos sete veos
Chimpando, ás apalpadelas polo seu embigo espido
que bambea igual que un vimbio
no solpor que nos ispe de temores
e aprendo a comprendelo
enleada na súa lingua de amorodo
Aproximadamente
son 50000 lambetadas
as que se rexistran na epiderme
50000 degoiros
expresados na longametraxe do seu corpo
Os debuxos multiformes
invaden este territorio de meu e
avanzo
como un rexemento de formigas
facéndolle cóxegas
Conexa á miña lingua hai unha boca
mollada
que agarda enchouparse en min

Se cadra, sometereime
pois convénme

Cruz Martínez

Este poema conseguiu o segundo premio no Certame de poesía "Feliciano Rolán" Agosto -2009 A Guarda (Pontevedra)

quinta-feira, 9 de setembro de 2010


Eroticamente
cavilo nas miñas propias e núas cavilacións
de deus perdido na sombra.
Erótico é o pensamento
nas portas abertas
á miña/túa compaixón.
Sempre eroticamente
deixo fluir o meu astro
por entre os ríos
da miña incogruencia.
Astro interior que me levas
eroticamente a onda ti.
C’est la vie.
Non plus.
Ramón R. Nogueira

17 de setembro en Sargadelos, Vigo


sábado, 28 de agosto de 2010

DESCOBERTA

"For as the sun is daily new and old,
So is my love still telling what is told."
......................William Shakespeare
I
o céu
pára-quedas com que a criança
cai durante o crescimento
o infinito firmamento
de tecido azul-moscado
fechado
pelo céu finado
dos desenhos infantis
na idade adulta
o único trabalho
infantil
lícito ou talvez implícito
quen sabe
é o registo da vertigem
pedro ludgero
Do livro "sonetos para-infantis"

sexta-feira, 20 de agosto de 2010

fornelos pranto.

falarei en nome deles
dos que quedaron mudos
para sempre
os que non van volver
eu os chamo
imaxinando a súa dor
entre as linguas de lume
e nubes de fume
querendo vir entre nos
aínda as súas figuras
están dentro do perímetro
consolándose
lembrando un mal soño
vivir nun país desagradecido
a vida a mans cheas
como unha tea carbonizada
voando entre as muxicas
para quedaren suspendidas
para sempre sobre as lapelas
dos responsábeis deste pranto
que fale a indignación
dos que como eles
a pesares de seres apestados
coma as putas
nunca protestamos
vos que como heroes
deixachedevos quedar en fornelos
para descubrirnos
que non temos nin institucións
nin políticos
que temos en cambio
chaquetas cruzadas
sobre cadeiras e mesas bonitas
con ventas polas que ninguén
mira para ollala la lúa cando medra
que xa medran os nosos cartos
nos seus petos
fillos da gran puta!
así consolades a morte
coa vosa indiferenza
eu falarei sempre en nome deles
e aborrecerei este poder insólito
e aos que tivérono todo
e agora non teñen nada que perder
e calan
ou desdita!
cando volvan os caracois
sobre o monte queimado
volverei a maldicir a vosa desidia.

Enrique Leirachá.

domingo, 8 de agosto de 2010

Español adeus


Calquera de nós, por mágoa, cando vai mercar calquera cousa necesaria para a vida topase de bouces con alguén que sendo do mesmo país, coñecendo e falando o noso idioma empéñase innecesariamente en traducilo ao español como se fora unha obriga ou como se de repente estiveramos nun lugar que non é o noso lugar.
Así se pedimos unha ducia de patacas o/a outro/a tradúcenos decontado: “Una docena de patatas” . E a continuación ponlle unha interrogante pois semella que algún dos dous ou o emisor ou o receptor pon en dubida a lingua de seu.
Este é un dos moitos exemplos que cada un e unha dos que formamos o grande territorio lingüístico do país aturamos con naturalidade, o pertencer a unha _”colonia” cando nós somos a raíz, orixe e realidade cultural social e política de onde residimos, non agora senón antes e despois para en troques sentírmonos lingüisticamente e culturalmente estranxeiros entre os nosos.
Nós non obrigamos ao revés dos que si o fixeron durante séculos e aínda o seguen a tentar agora baixo a falsa proposta do chamado “bilingüismo armónico”.
Nós non pechamos o circulo senón que o abrimos con todo o dereito á expresión, emprego e orgullo do que ao final entre outras moitas cousas somos: Unha lingua e unha realidade vivas alén de políticas e ideoloxías a maior parte das veces estériles e equívocas.
Non se trata de rexeitar ás persoas nin ás súas ideas. Tratase de expresar e empregar con naturalidade e por dereito o que nos pertence e o que somos, unha cultura, unha lingua e unha fala, algo tan antigo e tan normal.
Por iso, pregamos que todos/as aqueles/as que a partires desta nova xeira queiran e desexen participar nos Círculos Poéticos Abertos e no blogue; o fagan no noso idioma é dicir, no idioma de todos e de todas: EN GALEGO.
Grazas.

“PENULTIMO ACTO” .

domingo, 1 de agosto de 2010

Círculo Poético Aberto


De esquerda a dereita: Tiago, Pablo, José Peixoto, Dara Escribano, Vladimir, Antonio Alonso, Enrique Leirachá, João Rios, Cruz Martínez, Simón Cabo, Estrella Velasco, rosanegra e Moncho Iglesias.

Onte tivemos o terceiro Círculo. O próximo será despois do verán, voltaremos en Setembro.
Queremos agradecer a todos os amigos que decidiron pasar por "Negra Sombra" e acompañarnos. Moitas grazas!!!.

Nos próximos días irán aparecendo vídeos deste acto.

quarta-feira, 28 de julho de 2010

Discurso da presentación en Santiago o 24 de xullo


“Penúltimo Acto” quere agradecervos que esteades aquí connosco, para celebrar a nosa primeira presentación do noso primeiro (valga a redundancia) libro colectivo de poesía. Estar en Santiago nun día coma hoxe, tan sinalado... véspera da Patria, é un pracer. Tamén unha grande honra, máis aínda facéndoa en Sargadelos que representa unha icona na cultura galega.
Compostela como capital da Nación, tiña que ser a cidade elixida para comezar a nosa andaina de presentacións por toda Galiza. Esta colleita de versos dos tres integrantes do “(grupo de acción poética): Enrique Leirachá, rosanegra e Cruz Martínez. Intenta ser a palabra que reflicta a contorna na que vivimos, nunha sociedade rota polo individualismo e pola intolerancia idiomática. Nós pertencemos a esa parte importante de galegofalantes que son vítimas da imposición, discriminación, por só falar en galego... lingua mater, lingua histórica, lingua colectiva e da memoria dun pobo.
Por iso, hoxe é un día feliz. Hoxe reivindicamos de corazón, o noso compromiso coa loita. Grazas queridas amigas e amigos por compartillar este día emblemático. Por acompañarnos e facer que nunca esquezamos esta presentación.
“Penúltimo Acto” (grupo de acción poética) desexa que gocedes destes poemas e que mañá, 25 de xullo, atrone Galiza enteira nun sismo co epicentro en Santiago. Percorrendo todos e cada un dos recunchos da terra para escoitarmos e escoitaren as voces que ao unísono cantan o Himno Galego, ondeando con orgullo unha bandeira e un idioma de seu.
Nestes tempos escuros, as verbas de Pondal adquiren máis forza...

“Galegos sede fortes
prontos a grandes peitos
aparellade os peitos
a glorioso afan
fillos dos nobres celtas
fortes e peregrinos
luitade polos destinos
dos eidos de Breogan”

domingo, 25 de julho de 2010

PENÚLTIMO ACTO en Compostela

Onte, sábado 24 de xullo, véspera da Patria. Penúltimo Acto presentou o seu primeiro libro de poesía ás 18:30h. en Sargadelos (Santiago). Grazas a todos os amigos e amigas por acompañarnos nun día memorábel.

video

sexta-feira, 23 de julho de 2010

Presentación en Santiago

"Penúltimo Acto" presenta mañá sábado, 24 de xullo véspera da Patria. O seu primeiro libro colectivo en Sargadelos, rúa Nova, ás 18:30 horas.
Os tres integrantes do (grupo acción poética): Cruz Martínez,Enrique Leirachá e rosanegra uniron forzas para facer este libro de poesía, como representación das súas inquedanzas lingüísticas e culturais.

sexta-feira, 16 de julho de 2010

Dibaxu/Debaixo

¿óndi sta la yave di tu curasón?/onde está a chave de teu coração?/
il páxaru qui pasara es malu/ o pássaro que passou é mau/
a mí no dixera nada/ a mim não me disse nada/
a mí dexara timblandu/ a mim me deixou tremendo/

¿óndi sta tu curasón agora?/ onde está teu coração agora?/
un árvuli di spantu balia/ uma árvore de espanto baila/
no más tengu ojus cun fanbre/náo tenho mais do que olhos com fome
y un djaru sin agua/ e um jarro sem água/

dibaxu dil cantu sta la boz/debaixo do canto está a voz/
dibaxu dila boz sta la folya/ debaixo da voz está a folha
qui'l árvuli dexara /que a árvore deixou
cayer di mi boca/ cair de minha boca/


É un poema de Juan Gelman do libro Dibaxu / Debaixo. Tradución do sefardí ao portugués, introdución (“As Línguas do Amor em Juan Gelman”), notas e un epílogo (“Homenagem Poética a Juan Gelman) de Andityas Soares de Moura. Colaboración enviada por Portal de Poesía.

segunda-feira, 12 de julho de 2010

Xéanseme os pés mais eu camiño

video


A decepción dorme
preto dun horizonte impreciso
dun traballo inseguro que pendura
......................................degoxos
na realidade do abismo
onde a letra pequena
acocha derrotados corazóns
............................asoballados
nos que parece habitar a morte lenta
......................................incorpórea
transitando estreitos accesos
que detectan fisuras
.............ángulos mortos
Entre a memoria e o mundo
............................sen destino
...............................suspendida
Quero que saibas
que a perspectiva futura
....................agora distorsionada
é a escravitude que invade
........................que se acepta
e se contempla sen bágoas

Cruz Martínez

quarta-feira, 7 de julho de 2010

Vídeo do acto na "Casa Museo Diego de Giráldez"

video

Fragmento da inauguración da Casa Museo. Saen neste vídeo: O grupo de gaita galega "Os Parrulos" de Vigo, "Penúltimo Acto" (Cruz Martínez, rosanegra e Enrique Leirachá) e o cantor Servando Barreiro.

segunda-feira, 5 de julho de 2010

IV Xornadas de portas abertas da Casa Museo Diego de Giráldez



O domingo día 4 de xullo, na Cañiza, "Penúltimo Acto" estivo na inauguración da Casa Museo do pintor e amigo Diego de Giráldez. Este mes estará aberto ao público todos os domingos de 17 a 20 horas. Aproveiten a oportunidade de ver a magnífica obra deste pintor galego contemporáneo.

sábado, 3 de julho de 2010

Cinexética ilustrada

Hoxe acertei na testa dunha rata

pero o perdigón rebotou

nin sequera a manquei

(merda o resorte vai gasto)

Do andar cociña váter o cuarto partillado co meu irmán

espazos ilustrados son

ao patio de luces dan

Mentirosa estructura alienante a semántica enganosa

patio de luces?

cinza en sórdido ventre sen luz

No fondo edén arcadia

na ágora da arqueta fecal

carreiras

cópulas

grandes sínodos celebran

Se en vez de escopeta de perdigóns

tívese unha cámara de cine

(coma os meus tíos que traballan na Alemaña)

rodaría documentais

A apaixoante vida do ratume ilustrado

Darlle chumbo as ratas

aléntanos mamai

Mario Pardo

quarta-feira, 30 de junho de 2010

Círculo Poético Aberto

De esquerda a dereita: Belém Grandal, Manolo Pipas, Simón, Dara Escribano, Enrique Leirachá, Cruz Martínez, rosanegra, Dania D'Alfonso e Vladimir.


video

Videocreación titulada "SOMOS" do "Penúltimo Acto".